23.9.05

Risas

Por fin, alguén me reclama. Pensei que ninguén se acercaba por estes camiños. Prometo ser mais disciplinado e escribir a diario, aínda que sexan cousas como esta:

Travesuras de rapaces espidos na lama seca.
Risas de fame con dentes preguiceiros.
Sempre hai tempo para as risas.
O sol é unha visita longa e pesada no sofá da nosa casa.
A chuvia unha descoñecida, un conto de vellos.
A terra chora bágoas sen auga, sen sal.
Unha boca baleira berra sen forzas.
Oídos xordos tápanse para non escoitar,
Ollos cegos tápanse para non ver.
O ceo segue sen nubes.
Un neno chora e outro ri,
Sempre hai tempo para as risas.

3 comentários:

Anónimo disse...

Eu tamén estou ainda que non o pareza.

Anónimo disse...

Eu tamén rio de contento
ó ver que as tuas ideas voltan a voar por este o teu (o noso) blog. E vexo que a poesía medra no teu recuncho creativo, pero non esquezas os contos, e que prometiches contarnos algún. ¿Que tal o taller de contacontos?,¡conta,conta!.

máis alá disse...

Cala, cala,...xa non puiden ir á segunda clase de contacontos. É que veras...teño unhas cousas que se chaman fillos que dan moito traballo e as veces hai que facer sacrificios por eles.