19.9.05

XIV Festa Veciñal

A pasada fin de semana celebrouse no Parque Quiñones de León, en Castrelos a XIV Festa veciñal organizada pola Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” e as asociacións veciñais de Vigo. Hai que agradecer á Federación e ás asociacións a festa que fixeron, así como os chourizos e a “chocolatada” cos que nos agasallaron. Tamén hai que agradecer aos veciños e veciñas destas asociacións o traballo que fan, quitando tempo do seu lecer e da súa vida familiar, non só para facer festas senón tamén para facer que a vida nos distintos barrios e parroquias de Vigo sexa mellor e mais digna.

1 comentário:

Anónimo disse...

¿Será por que xa estamos en outono?. ¿Será porque as primeiras gripes están a facer estragos?. ¿Será por desanimo?. ¿Porqué será?. Sexa polo que sexa Máis Ala, non podes deixar este espacio baleiro porque as ideas anse enquistar na tua cabeza. Eu estou a esperar...