¿TI TAMÉN, BRUTO?
Non, non pensedes que vou falar do Imperio Roman ou de teatro clásico. O título ven a conto de que tamén eu estea a escribir nun blog, que como saberedes escríbense miles a diario.
Este sitio ou lugar, ou como queirades chamalo, non ten unhas pretensións moi elevadas. O meu desexo é facer de el un punto de encontro para falar cos amig@s das nosas cousas. Por suposto, calquera que pase por aquí será considerado amig@, sempre que cumpra cun mínimo de respecto para os demais.
O de vaguidades non ten nada que ver coa vagancia, senón coa outra acepción do termo: impreciso, indeterminado, porque así debe de ser este diario, non hai regras fixas, nin temas fixos. Podedes falar do que queirades.
A dirección do blog mesturar.blogspot.com, ten que ver con que é moi difícil poñer un nome a un blog.¡Están todos collidos!. De tódolos xeitos gústame o de mesturar porque de iso se trata, de mesturar as nosas opinións e os nosos pensamentos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Medo me das, diaño. Eu coñecín un taller cheo de meigas e feiticeiros, ¿e que algún deles tiña un lado mais escuro?
Outra cousa, agora xa podedes facer comentarios sen ter que rexistrarvos.
Enviar um comentário