Quero achegarme ao principal tema que abrira os noticiarios de hoxe en España: a “alonsomania”.
Primeiro felicitar a Fernando polo campionato do mundo e segundo felicitar a un rapaz novo e a súa familia por ter feito realidade un soño que levan perseguindo moitos anos e que, como a maioría dos soños, debeu custar moitos sacrificios.
Dicía onte Fernando que tiña que darlle as gracias a catro persoas e dicía, tamén, o seu “pai deportivo” José Luís Echevarría que moitos dos que se achegan para saír na foto non os atoparon cando necesitaban axudas.
Eu pregúntome cantos “Fernandos” temos no noso país. Non só no deporte senón tamén na cultura, na ciencia, etc. Rapaces que teñen capacidade pero que non teñen recursos ou mesmo que a súa familia non fai caso dos seus desexos.
O primeiro non ten discusión, aquí si queres facer algo non podes contar con axudas administrativas ou empresariais. A pasada semana a prensa daba a noticia de que a comunidade de Madrid ofrecía becas a estudiantes galegos con boas notas, e iso pareceume moi grave.
En canto á familia non falo das que non teñen recursos, falo das que os teñen pero que fan que os seus fillos elixan o “mellor” camiño. Cantos avogados, mestres ou médicos haberá que puideron ser grandes actores, deportistas,,, ou mesmo fontaneiros ou ebanistas.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Meu pai sempre dicia que era mellor ser un bo carpinteiro que un mal médico e que ademáis che ía facer máis feliz. O problema é que moitas veces, de novo, non sabes moi ben que queres, só uns cantos privilexiados o teñen claro practicamente dende que nacen. Aos outros dánnos os coarenta cando vemos o camiño a seguir.
¿E cando nos den os cincoenta que seremos?.¿Atoparemos daquela o atallo por onde coller?. ¿Teremos que desandar todo o camiño?. Ás velocidades que corre Alonso non se decata un do chan que pisa, e ós mesmos kilómetros por hora imos todos, esta prisa por decidir é o que nos ten desorientados.
Enviar um comentário