29.3.06

A reconquista



Pensaba o outro día despois de ler a Ferrín no Faro que a historia pode ser manipulada para que o pobo se sinta orgulloso de feitos que deberían facernos chorar. A historia da conquista de América é a historia dun xenocidio que fixo desaparecer culturas enteiras, sen embargo países como España ou EEUU móstrannos aquelo como a salvación duns pobos salvaxes.
Sempre fun afeccionado á festa da reconquista, xa sabedes, o pobo de Vigo foi o primeiro en expulsar ao invasor francés, o pobo de Vigo os ten ben postos. Eso é mellor que pensar que aqueles homes e mulleres loitaron enganados polo clero e polos nobres e que si perderamos aquela reconquista hoxe viviriamos mellor.
Estaba a pensar en que a historia pode ser manipulada cando hoxe leo o Faro e logo a Voz e algo non encaixaba. Algún deles estaba a manipular a historia, ou polo menos a ocultala.

3 comentários:

Anónimo disse...

Realmente n-o-x-e-n-t-o,¿que sentirá un periodista de verdade ó ver este show?...

Anónimo disse...

Pois si, mais ala, aquí podemos a ver as diferencias entre o noso Faro e a Voz, por desgracia, unha vez máis. A min, como vigués, dáme moita pena ter que ir ler a Voz para saber o que pasa na miña cidade.
Por certo, que neste caso tamén estou con Ferrín, mellor nos iría perdendo aquela Reconquista...

máis alá disse...

Pois eu non sabía que a diferencia fose tanta, pero xa ves, unha proba de servilismo. Como di a santa compaña: n-o-x-e-n-t-o