Onte acudín á presentación do libro “Sari, soñador de mares” do ESCRITOR Marcos S. Calveiro. Foi un pracer coñecer en carne e óso a Folerpa e na miña biblioteca brilla esta nova alfaia de papel.
Teño que dicir que xa lin o libro. Cometín a imprudencia de abrilo e ollar as primeiras follas e xa non fun quen de parar.
Cando collemos o libro embarcamos cara a eses nove mares que Simbad coñecía tanto, só que nestes mares non hai auga senón palabras, palabras que como suaves ondas que abanean a nosa dorna lévannos rumbo onde habitan os soños de Sari e os soños de Marcos.
Tamén merquei o libro de outro amigo blogueiro. Prometo que o lerei e que comentarei a miña opinión.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Quedo moi agradecido e agardo que a lectura non che sexa moi tortuosa. Un cordial saúdo.
grazas polas túas verbas e polas horas perdidas de sono. Unha aperta.
Enviar um comentário