14.11.05

Tolerias

Onte vin na tele unha “noticia” curiosa. Falaba dunha tenda na que podías mercar camisetas de Fernando Alonso, de Schumacher, colares que eran a última moda en París, perruquerías onde podías cortar, tinxir e moitas cousas máis.
Que ten de curioso a noticia? Que a tenda e todo o que alí había estaba dedicado... aos cans¡¡
Están tolos estes romanos.

2 comentários:

acedre disse...

Iso nos EEUU non e novidade. Xa pasou o Halloween e habia a vender disfraces para os cans. Pero o millor para os cans e as mascotas en xeral esta nas tendas Petsmart que tenhen canta trangallada podes imaxinar e perruqueria e hotel con menu e todo.
Un saudo.

Anónimo disse...

Tolos estamos todos, e esa ansia en humanizar os aspectos das mascotas tería que facernos pensar en moitas cousas. No oco que se tenta encher.