25.11.05

Maldito día

O día de hoxe non debería de existir. E a maneira de que non exista é a educación dos nosos fillos. Temos que ensinarlles palabras como respecto, dignidade, amor...E o máis importante, temos que darlles exemplo. Que esas palabras sexan feitos na súa casa e que descoñezan o significado de maltrato, vergoña, medo...

3 comentários:

juavaba disse...

Bueno, quizáis sexa unha forma de ver as cousas... Eu penso o mesmo, pero teño dúbidas de que poidamos acadar eses obxectivos únicamente desde a "individualidade" das relacións pais-fillos... sobre todo cando as relacións que establecemos na sociedade están baseadas nunha lóxica individualista e, certamente, bastante egoísta... por todo iso penso que, dicindo o mesmo que tí, ben poidera titularse o comentario "bendito día"... porque pode facernos reflexionar sobre todo isto.

torredebabel disse...

como nai dun neno de 14 meses, penso que a individualidade é o primeiro paso para os grandes obxectivos cidadans. Coido que aquelo de que os cambios van de abaixo a arriba é bastante certo e coma mais-alá, penso que o exemplo que se encontra na casa é todo-poderoso. As palabras, menos...

máis alá disse...

Estou de acordo contigo Juavaba, teño que cambiar o título. Para as mulleres que sofren tódolos días son malditos, así que un día que temos para pensar no seu sufrimento ten que ser un día bo. Pero tamén estou de acordo con Torre de Babel, ese ten que ser o primeiro paso. Eu non o vexo como individualidade si ese primeiro paso o damos todos á vez.