9.6.06

O himno español

Despois de ler a Veloso eu tamén quero ser sincero con todos vos. Gústame o himno español. Non o himno que pon firmes a reis e militares e, moito menos, o himno que me puña firmes a min nos meus tempos de mili. O himno español que me gusta e o dos campos de fútbol, o da selección, o da furia!!. Escoitar eses compases, ollar para Raul como ergue a cabeza a ver si chove e como, dende as bancadas, milleiros de voces emocionadas entoan ese cántico sincero e espontáneo: LALA, LALA, LALALA, LALA, LALA, LALA, LA, LA, LA, LALALA, LA, LALA...

6 comentários:

Pablo González disse...

Amigo mais ala, cada vez te espallas mais. Así é todo un pouco máis difícil. ¿Cómo ía eu a definila miña afección furbolística sen esta descripción?

Anónimo disse...

Ti tamén, Maís Alá, meu amigo?...

máis alá disse...

Paréceme, santa compaña e pablo, que no souben transmitir a nota de humor que desexaba. A min a o himno español non me poñe e a selección só cando gaña e xoga ben...eu son máis do Celta e a Rianxeira.

Anónimo disse...

Claro que transmites sentido de humor e ironía no teu Lala, lala, etc..., a mesma que tentei transmitir eu co meu plaxio romano, ¡ é que lle teño alerxia ao da pelota!, moita.

acedre disse...

Isto do futbol move pasions pero a min nada.
Un saudo.

Anónimo disse...

Pois a min é o himno que máis me gusta, precisamente por esa letra que ten. Todos os demais himnos falan de sangue, de victoria, de guerra, de raza, de gloria, de honor. O español, en cambio, é un himno nacional nada nacionalista. Máis que un canto guerreiro é un cántico futboleiro. Por min, que siga así por sempre.