4.7.06

O galego en Europa (e en Galicia)

Parece que chegan boas novas de Europa pero aínda que este pareza un paso de xigante a min cólleme en horas baixas e vou explicar porqué:
Este domingo pasado asistín a unhas oposicións en Silleda e iso xa daría para unha historia pero non é o que quería contar. Todo foi correcto e o presidente do tribunal leu moi clariño as bases da convocatoria dicindo que o exame se faría en galego, e a todo aquel que optara por facelo en castelán se lle entregaría o exame en castelán. O caso é que cando comezaron a entregar os exames a xente que os repartía levaba exames en castelán, e logo viña detrás unha persoa cos exames en galego e preguntaba: “En galego?” Non sei a proporción total pero onde eu estaba seria de cinco en galego, sesenta en castelán.

2 comentários:

torredebabel disse...

entón, non foi correcto porque non foi como dixo o presidente do tribunal. O examen era en castelán e quen optaba por facelo en galego foi quen tivo que pedilo. Iso é o que teñen as cousas que son correctas sen selo de todo...

Anónimo disse...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! sony handycam dcr trv27 Rate tennis shoes Over 60 heating http://www.cellulite-cream-3.info/Land-rover-freelander-sport-gps.html