18.5.06

Primeiro premio

Parabéns para a miña amiga Rosa polo seu primeiro éxito literario. Ben, polo seu primeiro éxito recoñecido, porque estou seguro de que ten un caixón cheo de grandes éxitos. Xa sabes, o primeiro é o máis difícil, seguro que veñen moitos máis.

5 comentários:

Anónimo disse...

Querido Máis alá, o exito máis grande foi ter compartido esa ledicia con todos vos, os tolos doentes, e ver como sodes quen de virar un pequeno premio no máis grande do mundo... grazas pola vosa amizade... ¡ e xa me contarás onde teño ese caixón, que busco e busco, e non o dou atopado!.

Anónimo disse...

Eu sei tamén dese caixón... O día en que Rosa o poña fóra... ¡cantas cousas boas imos ler!

David disse...

Pois parabéns para Rosa! ;)

Anónimo disse...

Parabens para Rosa polo seu premio.
Unha aperta.
:)

Anónimo disse...

Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor de Vaguidades e para os blogueiros en xeral:

Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega.

Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos). Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.

Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!

Para calquera cousa: resaka06@gmail.com