Onte reunímonos un grupo de amigos e amigas. É unha cita que temos mensualmente despois de coñecernos nunha terapia á que acudiamos para curarnos do mal da literatura. O “doutor” que nos tratou fíxoo tan ben que agora temos a necesidade de ler e de escribir e de comentar as cousas que lemos, e compartir o que escribimos. O último libro que limos foi Leviatán de Paul Auster e quero deixar aquí unha frase que foi do agrado de todos: “A vida cambiou, a vida continuou”
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
É vostede moi xeneroso ao calificarme de "doutor". Tentarei estar á altura. Saúdos.
E nos se cambiamos que sexa para mellor. Coido que a terapia continuará, continuará, c-o-n-t-i-n-u-a-r-á...
Un bico de doente, colega.
Estan ben esas "curas" de letrasferidos. Eu nunca estiven nunha consulta pero non me faria mal un chequeo rotinario.
Enviar um comentário