2.5.06

La mina


“Si encuentras a Lucifer, hermano, siéntate a conversar y pregúntale si esto es distinto a lo de allá. Te dirá que jamás, aquí hay mucha miseria y mucha desigualdad”

Esta é unha estrofa dunha canción de Miguel Ríos: La mina. A pesares de que nunca escoitei a canción, a escribín de memoria. Era unha pintada que adornou durante moito tempo un muro do barrio do Rocio, en Vigo, concretamente na Rúa do medio, nas casas roxas. A pintada a fixera un veciño meu e penso que foi o primeiro grafiti que vin. Pasaba todos os días diante del cando ía á escola e así se me quedou. O rapaz cando a escribiu debía ter uns quince anos, e nunca se me ocorreu preguntarlle porque escollera esas palabras. Viñéronme á memoria, aínda as teño agochadas, para collelas de vez en cando e saborealas e descubrir que nunca perden sentido. E se algunha vez atopo a Lucifer non falarei, porque xa coñezo a resposta.

6 comentários:

Anónimo disse...

Eu sempre dixen que na outra vida me atoparedes alí, no Inferno,de troula, porque se o Ceo ten tanta publicidade é porque non o dan vendido.

Anónimo disse...

¿A que non sabías que eu colecciono grafittis?

máis alá disse...

Pois non o sabía meu, cando vexa algún que o mereza sácolle unha foto.
Tes razón santa compaña, un amigo dicía que el non quería ir ao ceo porque non ia atopar alí aos seu amigos, estaría cheo de curas e monxas.

Pablo González disse...

"traiganos su desgracia y nosotros le sacaremos partido"

Está en el interior de un garage, en Pi y Margall, casi al final, en el cruce con López Mora.

acedre disse...

Neste pais apenas hai graffitis. Bueno, hainos nas cidades pero non tan numerosos e porcallentos.
Flipaba nun banho de Revlon que habia unha pintada; "Jesus is love".
O de Miguel Rios ten a sua ironia e gustame.

Anónimo disse...

Hai uns anos, lin nunha parede do paseo de Samil: "Colabora con la policía. Ven pegado de casa"