10.2.06

Unha cousa normal

Un home maior caeu diante da tenda na que traballa a miña muller. Tivo a mala sorte de ir cargado de bolsas e non puido botar as mans. Deu coas narices no chan. A miña muller acudiu na súa axuda, fíxolle unha pequena cura e mesmo ofreceuse a que eu o levara á súa casa.
Ata aquí todo é moi normal..., ou non?
Hoxe apareceu a esposa do accidentado pola tenda. Deulle as gracias varias veces, regaloulle unha planta e bicouna. Ou sexa, que a muller estaba agradecida de verdade.
E aí vai a miña pregunta: é normal o que fixo a miña muller, ou é algo tan estraño que mereza tanto agradecemento?

10 comentários:

acedre disse...

A tua muller fixo mui ben e aparte e o natural e o mais normal do mundo. Tamen a outra muller fixo o que teria que facer unha persoa normal e educada: agradecer de corazon a axuda prestada.
Tiveches sorte de topar con duas persoas "normais" xuntas no mesmo dia. Desgraciadamente cada vez e mais dificil topar xente normal.

Anónimo disse...

A agresividade tennos collido tanto que perdemos a capacidade de saber que é o "normal". ¿Pitar cando nos fan unha falcatruada no coche?, ¿cabrearse co funcionario que vai tomar café?, ¿dar por feito que os demáis deben de nos axudar? Eu xa non sei que é o normal, o que podemos esperar dos demais.

musgallo disse...

Pois si, eu desde hai uns anos e sobretodo na cidade, estranaríame que alguén tivese comigo o comportamento da túa muller. Unha vez déronme o pau na rúa a plena luz do día e precisamente porque todo o mundo ía á súa bóla e o caco sabía de sobra que ninguén me ía botar unha man.Algo moi, moi forte?a unha amiga miña intentárona violar, tamén, ás 12 da mañán nun camiño tan transitado que nese mesmo momento pasaron dúas señoritas moi finas e o violador desistiu. A pobre víctima quedou no chan, meio múa, a moco tendido e sen que as dúas fillas de puta parasen a consolala cando viran o rollo perfeitamente e sabían de que ía.
Pides socorro? ja, o veciño que mañán se virá queixar polo ruído da túa persiana é o mesmo que hoxe non che vai oír gritar.
Xa o dicía a canción: "c'est la vie".

Anónimo disse...

Dende o momento no que temos que facernos esa pregunta é que todos sabemos cal é a resposta. Menos mal que aínda quedan persoas como a tua muller para ter a esperanza de que algún día a máxima de que a excepción confirma a regra tome corpo.
Un saudo, e un gusto lerte, por aquí.

máis alá disse...

Polos comentarios que facedes xa teño a resposta: hoxe en día non é normal que alguén se pare a dar axuda se tes un accidente ( o máis horrible é a historia que conta musgallo), asi que recomendo (non é meu, é vello) que cando teñades un accidente ou os atraquen non gritedes auxilio, gritade fogo.

SurOeste disse...

Saul Bellow ten un relato moi fermoso sobre un xudeu que é rescatado dunha morte segura gracias a unha organización auspiciada por un magnate e non lle é permitido darlle as gracias. O pobre home vivirá o resto da súa vida intentando, sen conseguilo, mostrar o seu agradecemento ó benefactor, cada vez máis obsesionado. O conto chámase "Contacto Bella Rosa".

torredebabel disse...

o normal non sempre é o que debería pasar. E, moitas veces, o normal é non ollar para ninguén. Mágoa...

Anónimo disse...

Bueno, pois eu vin, fai tres ou catro días, o que segue: entrando na Coruña tras saír da autoestrada, e con moito tráfico, un coche quedou parado no medio da avenida... pois ben, pararon outros 3 coches, e despois de ver que éste non botaba a andar, un dos que parou levou as dúas mulleres do coche accidentado á estación do tren, e outro ao conductor ata un garaxe pra ver se podían arranxar o coche... Quero dicir con esto que as cousas non son tan negativas sempre, home...

Marinha de Allegue disse...

Debería ser normal, pero desgraciadadmente non é tan frecuente. Tanse perdendo valores...
Unha aperta.
:)

Nemeth disse...

é do máis normal, pero por desgraza cada vez menos usual.

xa teño en que pensar hoxe! grazas
apertas