6.2.06

Días de calor



Teño medo dese día. Ese día que ti e máis eu ollaremos vellas fotos e lembraremos a area e a auga das nosas praias. Lembraremos eses momentos quentes de sol e de ledicia. As rochas seguiran alí e seguiran as ondas bicando os nosos corpos nus, máis non sei, quizais a auga xa non sexa tan transparente ou o aire non sexa tan puro. O que si seguira serán as lembranzas daqueles días. Os días que refrescabamos noso corpos nas augas do paraíso.

1 comentário:

máis alá disse...

Tes razón Músgallo, debe ser que xa estou nos 40. Tamén é que con todo o que se fala dos ladrillos que veñen para as costas galegas e que si isto vaise “marbellizar”, penso que algún día botarei en falta moitos lugares da nosa terra.