Supoño que todo o mundo ten algunha viaxe soñada, esa que aínda non realizamos e que quizais non realicemos xamais.
A miña viaxe soñada non é nada exótico. Gustaríame recorrer os USA por esas autopistas interminables que teñen, e a poder ser nun cadillac (que queredes, é o que ten crecer pegado ao televisor).
De momento me conformo con que algún amigo me dea ideas para cando poida ir.
Cal e a vosa viaxe soñada?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
A min encantaria ir a Australia e Nova Zelanda.
Eu non tinha pensado vir aos EEUU pero son desas voltas que da a vida. Igual que cando botei ano e medio en Londres.
Nos EEUU podes percorrer de todo, dende desertos a montanhas, pasando por chairas, costas pantanosas e zonas urbanas. Os EEUU son coma un continente e hai de todo. Por suposto non podes topar construccions humanas mui antigas nin tanta movida como a que hai na terrinha, pero ten muito que disfrutar...se tes cartos. E so vendo as vilas e cidades e a xente e as suas cousas xa se pasa ben. Iso si, hai que viaxar (non confundir con transladarse dun sitio a outro).
Se te acercas por aqui mostrocho o que poida.
Un saudo.
Patagonia ou Xapón
India. China. Coñecer cada recuncho desta Finisterra onde vivimos,tan chea de historias e historia. Canada. Australia. Nova Zelanda. Patagonia. Xapón. Mesmo EEUU. Apuntome a dar a volta ó mundo pero non me chegan os días que me da Verne, nin os diñeiros do peto. Eime ter que conformar con coller un libro, meu.
Enviar um comentário