11.10.05

Lecturas Dereitas

Este Sábado pasado saíu na Voz unha entrevista a Carlos Fernández a raíz do libro que escribiu sobre o innomeable. Confeso que non lin o libro, que penso que é outro máis sobre o mesmo aínda que este parece máis neutral ca outros.
O que me preocupou da entrevista foi a parte onde Carlos Fernández di: “...la derecha, que suele comprar más libros que la izquierda...” Non sei si é certo ou é unha apreciación persoal e agradecería que si alguén ten datos fiables os comparta con todos nos.
O que si é certo é que ultimamente andan polas listas de vendas personaxes que venden libros a esgalla é que cando firman exemplares da “súa” obra parecen estrelas da música. E si que son de dereitas.
Que pasa? Os da esquerda non teñen autores que arrastren á xente ás librarías?

4 comentários:

Anónimo disse...

Pois mira, eu estiven a documentarme, en serio, e despois tirei con todo o lixo. ¿Porqué?, porque nun pais coma este no que tivemos que aturar unha morea de anos a Pepe máis a Manolo casi ninguén recoñecía telos posto onde estaban. Polo tanto eu digo que a dereita case non existe que só son espiritus que se fan carne cando teñen unha papeleta na man. E os espiritus non compran libros, ¡inda van ser os da esquerda que se botan a mercar coma posesos para espiar o que din esas mentes pensantes e poder contraatacar!. Os da esquerda non teñer nada mellor que facer. Esta visto que hay quen sigue a considerarse o centro do universo, e tamén está visto que non serve de nada documentarse e chaparse estadisticas. Todo o mundo di mentiras, mesmo ese do que ti falas, pode ser que ca intención de picar os que se dean por aludidos, e que lle merquen o libro por aquilo de ver se hai máis xoias coma esa. Todo pode ser...

acedre disse...

Os ricos tenhen cartos e poden mercar libros por quilo ou metro linhal. Os de esquerdas tenhen que ir a bibliotecas ou a librerias de vello para mercar barato.
Outra cousa, hai escritores que escriben para vender e outros que escriben polo pracer de escribir e comunicarse.
Cal sera o escritor de dereitas e cal o de esquerdas ?.

Anónimo disse...

o de acedre e tan maniqueista e tan simple que case é patético. ¿Os de esquerdas van a librerias de vello? Entón como é que hai tan poucas, debería verse unha en cada rúa, Non sexamos tan esquemáticos home. Hoxe compra libros todo o mundo ou casi ninguén, pero non por ser dunha opción política ou outra. Non sexamos sectarios que así non se vai a parte ningunha-

acedre disse...

Reconhezo que me pasei de simplista.
Perdon.