17.10.05

Ser pais

Miña filla pediume permiso o outro día para saír de paseo coas súas amigas. Ten doce anos e foi a primeira vez que saíu soa. A verdade é que tan só foron dar unha volta pola Praza E as catro da tarde e ata as seis.
Moitas veces pregúntome si son un bo pai. Supoño que é unha preocupación que teñen tódolos pais e que nos responderan nosos fillos algún día, pero non moi pronto. A resposta terá que ser cando os nosos fillos tamén sexan pais e saiban da dificultade de educar a eses tolos (xa non tan baixiños) que todo o queren. Eu penso que a educación dun fillo é como todo na vida: cuestión de equilibrio. Tes que facer malabares co que lles das, co que non lles das, tempo de estudio, tempo de lecer, etc. Agora as cousas son moito mais difíciles co todo o que lle ofrece o consumismo. Tan só hai unha cousa coa que non tes que ter medidas e podes abusar: o AMOR, e así en maiúsculas. Non o cariño, non a tenrura. O amor, ese que todo perdoa, que pide perdón, que fai rir ....e chorar.
Tedes que perdoar por este momento tan sensible pero o outro día vin na tv un programa sobre cirurxía plástica. Estaba rodado en Colombia e falaba de rapazas que se operaban. Saía unha rapaza que se puxera peito e tiña ¡14 anos! Loxicamente quen menos culpa ten é a nena. Os culpables son o sistema medico que permite esas cousas e sobre todo os pais que non son quen de explicarlle a súa filla, non só o proceso de crecemento do seu corpo aínda non rematado senón que ten que aprender a mirarse ao espello sen vergoña.
Eses son bos pais? Seguramente a súa filla díxolles: “Sodes os mellores pais do mundo” Pero, o son?
Eu teño traballo para que a miña filla non me pida unhas tetas novas dentro de dous nadais e si o fai espero que me diga: “Es o peor pai do mundo”

8 comentários:

acedre disse...

Ser pai e dificil. Xa o dicia o outro: o malo de que cando tes un fillo, ven sen manual de instrucions.
De todolos xeitos tes razon en tratar a tua filla con amor. Con amor vaise a todolos sitios e acaba correspondendo.
Saudos e sorte en todo.

Anónimo disse...

Xa o dixo Lennon: All you need is love. Ese é o único método educativo que coñezo e que tento practicar

Anónimo disse...

Esa primeira saida xa non ten volta atrás, decir non a partires de ahí ase facer o máis dificil do mundo porque aínda que nos doa e semelle ser demasiado cedo,as lembranzas do noso primeiro voar e os que viñeron despois quitannos as razóns cos que tentamos retelos u pouquiño máis. Iso e san, sempre foi. E de cando en vez tamén e san escoitar que non es o mellor pai do mundo. A perfección non existe, educar as veces e frustrar, decir non. Que se han topar con moitos nesta vida.

Brétemas disse...

Gústame moito o que escribes no blo. Eu estou na mesma tesitura ca ti. A miña filla ten trece anos. A conquista da autonomía supón sempre explorar os límites e os seus perigos. A nós isto dános vertixe e, confesémolo, tamén un chisco de medo. Mais esa é unha tarefa na que non podemos substituílas, é a vida que lle corresponde conquistar a elas. Non hai receitas máxicas para unha boa educación familiar. Ten razón No o noso amigo Náufrago: amor, diálogo e sinalar os límites morais nos que cremos. Paciencia, meu.

máis alá disse...

Gracias Sr. Brétemas. Supoño que ese vertixe e ese medo veñen co cargo. No momento que non teñamos medo polos nosos fillos e que non nos cuestionemos si estamos a facelo ben será cando de verdade podamos dicir que non somos bos pais.

Anónimo disse...

Nice site!
[url=http://vrvbcono.com/kcqf/ztwf.html]My homepage[/url] | [url=http://movejwuv.com/lcns/grhr.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Well done!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Nice site!
http://vrvbcono.com/kcqf/ztwf.html | http://sursbtkj.com/gavn/tccx.html