3.10.05

¿Porque escribes en gallego?

Antes de nada teño que dicir que eu adoito a falar castelán a cotío. Non penso que sexa bo nin malo, tan só é o que hai. Tamén é verdade que a maior parte do meu entorno fala castelán e por iso xa escoitei un par de veces a pregunta que hoxe titula este texto.
A verdade é que eu faría dúas preguntas: 1ª ¿Porque escribes? 2ª ¿Porque en galego? Aínda que as respostas poderían ser moi complexas penso que as mais fáciles son: 1ª Porque leo. 2ª Porque leo en galego.
Eu non son escritor e fai pouco que xunto letras por afección e non me importa escribir en castelán,pero escribir en galego prodúceme unha gran satisfacción e ademais permíteme practicar o meu galego, que vai un pouco mal.
Pero a razón mais importante é esta: eu son galego. Considérome galego antes que outra cousa. E non é que non queira ser español. Encántame a idea de ter como paisanos a vascos, cataláns, andaluces,etc. Pero penso que pertenzo a unha terra e un pobo diferente a outros (nin mellor, nin peor). Penso tamén que todos nós temos a obriga de coidar da nosa terra e da nosa cultura. Iso inclúe coidar da nosa lingua, sen desprezar ao castelán que tamén é parte de nos.
Outra cousa. Tamén escribo en galego porque quero ver se público algún libro e empezo a vivir das subvencións que teñen os escritores galegos, que coñezo a algún e só lles interesa o galego para gañar cartos. Senón preguntarlle ao “Señor” Juan Jóse R. Calaza

3 comentários:

Anónimo disse...

No me entero de nada, que mierda de idioma es este

Anónimo disse...

Comprendo perfectamente do que estás a falar, esa e a sorte que temos os que podemos elexir entre duas linguas, que viran en dous xeitos, alo menos, de entender as cousas e de contalas. Sempre oubo e haberá xente á que lles revire as tripas. ¡Que lle imos facer!.

acedre disse...

O Calaza non sei se tera razon. Eu o unico que sei e que o galego merece un apoio porque esta en regresion. Que hoxe non haxa calidade (segundo Calaza) non quere dicir que no futuro vaia habela se apoiamos unhas bases boas.
O que esta claro e que sse tiramos a toalla a batalla vai estar perdida.
Un saudo e a vivir das subvencions ;)