16.10.06
O Celta
Todo o mundo é libre de ter unha opinión e de expresala, e nestes tempos e con isto dos blogs ata podes facer que a lean en calquera parte do mundo, iso si, tamén poden criticarte con facilidade. Outra cousa é que te deixen escribir nun diario, entón tes que ter coidado coas túas opinións e o mínimo que podes facer é escribir cousas que teñan unha certa base.
O Domingo pasado na Voz lin un artigo de Cristina Losada, que non sei si será esta mesma (explicaría moito as cousas).
O artigo leva o título de El Celta e na primeira parte a señora Losada fai lembranza da última vez que acudiu a Balaidos (“hace un porrón de tiempo”). O recordo que deixou esta visita na pequena Cristina non foi moi bo e por iso compréndese que non volvera ao campo do Celta, nin a ningún outro supoño.
A segunda parte non ten desperdicio. A señora Losada di que ao Celta se lle está a embarcar nunha aventura que leva todos os signos de instrumentalización política. Ben. É unha opinión. Mais o certo é que o Celta, nesta aventura, desembarcou aos elementos máis politizados que tiña, a saber: o anterior presidente Horacio Gomez e o anterior Director Xeral Alfredo rodriguez . Ao actual presidente o único que lle teño escoitado do tema é que non quería que o Celta se mesturase coa política.
A señora di que se escoita que o Celta vai “facer país”, e coa pregunta que se fai a continuación dedúcese que non lle gusta iso de facer país..., ou non lle gusta o país directamente (por certo, non di que país). A verdade é que un equipo de fútbol que leva as cores de Galicia e a Cruz de Santiago na súa equipaxe está a facer país (galego) dende o primeiro momento no que salta ao campo.
Di, a señora, que (ao Celta) se lle está “normalizando lingüisticamente”. Iso está ben, hai que falar con propiedade que no mundo do fútbol fálase moi mal. Pero moito témome que a señora está a falar de normalizaciónlingüisticagalega, así que o primeiro que fago é ir a páxina do Celta e ver si é certo. Non, non é certo. Está en castelán. Normalizado, pero castelán. Ou sexa, que á señora moléstalle que falen galego o adestrador Fernando Vázquez e o novo Director Xeral Xavier Mártinez Cobas que son os dous que o falan de forma “oficial” no club, porque teño que dicirlle a Cristina que o que falan Baiano, Iriney, Lucas,Nené é portugués e non galego.
Entón, resumindo:
-O Celta non está politizado. Antes si o estaba pero supoño que era da política coa que simpatiza Cristina Losada.
-O Celta “fai país” pero o país que fai non lle gusta a Cristina Losada.
-A Cristina Losada non lle gusta que dúas persoas do Celta falen galego. Non lle gusta que dúas persoas falen galego.
En conclusión e segundo Cristina Losada:
O Celta perde “aquel inofensivo localismo". Debe ser aquel de "que ben soa a Rianxeira, magoa non sexa en castelán. Olitas vienen y van."
Si o Celta é como o Barcelona xa non será o Celta de Cristina Losada, que recordemos non vai a Balaidos “ desde hace un porrón de tiempo”pero por el que sinte afecto, ou sexa xa non se vai a alegrar si gaña o Celta.
O fútbol é así.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Brillante,meu amigo.E o que ti escribes é o que debería de saír na Voz,non o sinsentido que escribe ela.
Acabo de ler o artigo de Cristina Losada. Pódesmes crer, agora mesmo estame a tremer o corpo enteiro da indignación que sinto. E esta muller é a que preside unha asociación chamada "Vigueses por la libertad"? Pois vai en contra da miña liberdade e dos compañeiros Magdalena, Roxelio, Suso, Jose, eu mesmo e moitos outros máis, socios da bancada de Marcador dende hai moitos anos e galegofalantes sen intencións políticas. E coincido co Náufrago. A túa explicación paréceme brillantísima.
Moitas grazas aos dous pero penso que non é moi difícil ser máis brillante que esa señora que, recordo, preside unha organización que protesta porque din que lles estan a impoñer a lingua galega.
Por desgracia ter ou non ter intencions politicas non vale para esta señora. Ainda que o problema é evidentemente, político. Para esta xente calquera que fale galego por decision propia é un nacionalista esquerdista perigoso para a unidade da España Católica, como Fernando Vázquez. Os da aldea, pobriños, non saben máis, pero alguén estudado coma el, aiaiaiaiai
Hola máis alá. decidín estrearme no teu blog tras saudarte no meu, e que mellor tema que este. Son socia do Celta, vou co meu pai cada fin de semana a ver ao meu equipo, e recoñezo que ás veces abúrrome moito. Pero máis aburrido, dende logo, e o artigo desta muller, que non sabe nada de fútbol. Aos que nos gosta o fútbol non nos resulta doado explicar por que, así que coido que con xente coma ela é millor non perder o tempo. Misturar política con deporte paréceme de parvos, xa que eu, dende logo, vou ao fútbol a pasalo ben (cando podo) e non a aturar tonterías. Por certo, ¿que vos pareceu o canterán, Vila, no último partido? A min gustoume moito...
Enviar um comentário