18.10.06
Milagres
Hai xente que non cre nos milagres ou nos anxos, e hai outros que pensan que milagre é cando aparece un anxo voando e trae unha bandexa de ouro na que ven un boleto da primitiva premiado e soluciona todos os seus problemas.
Eu creo nos milagres, e nos anxos, non son moi frecuentes pero teño visto algún, deses que chamariamos “cotiáns”
Seguro que coñecedes a historia de Genet Corcuera, pois iso para min é un milagre dos grandes porque imaxinade unha rapaza que nace sen recibir estímulos visuais ou auditivos de ningunha clase e pode, non só, aprender a comunicarse senón ir á universidade. Pero o milagre non é que vaia á universidade, o milagre é que Genet pode “ver, escoitar e falar”. Genet non é a primeira nin será a última.
Genet debería estar na universidade, e tamén nos libros, pero para servir de exemplo a todos aqueles que nalgún momento dicimos: non podo, non son capaz, esta vida é moi dura,...
A min a imaxe de Genet regálame vida, a mesma vida que me regalan moitas persoas que coñezo, que fan milagres, ou persoas que non coñezo e tamén fan milagres.
Os milagres existen.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
E para lembrarnos, cando nos sentimos incapaces, que diso nada, monada. Fermoso post.
Hai xente que merece un monumento.
brisa eu penso q esas persoas nos ensinan a beleza da vida a superacion diaria dos problema e ademais sin palabras dinos q non hai barrreiras na vida q a facemos nos un bravo por elas q leccions nos dan...
Enviar um comentário