26.9.06
NON
A xente que se dedica á venda sabe que nunca debe facer a un cliente unha pregunta que teña como posible resposta un non. Un vendedor de zapatos que atenda a un cliente indeciso non lle pode preguntar: “Quere os zapatos?” ou “necesita os zapatos?” Porque unha das respostas pode ser “NON”. Un bo vendedor ten que dar por certo que o cliente quere os zapatos: “Que zapatos vai levar, os brancos ou os negros?”.
A casa real e o goberno español van cambiar a constitución e van preguntar: “Queredes rei ou raíña?” e así, seremos nos os que elixamos unha monarquía rancia e masculina ou unha monarquía rancia e feminina. A pregunta debería ser: “Queredes monarquía?”, pero, claro, si fan esa pregunta pode ser que reciban un NON por resposta. Está claro que saben vender moi ben.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Tampouco, a pregunta sería:
Que forma de Estado queredes?
Si, moito mellor x.
Seguindo co tema do calzado, hai que lembrar quen nos vendeu estes zapatos... mellor dito, quen nos deixou uns zapatos herdados, e como, e porqué...
Volvendo ao tema da pregunta, eu teño moi claro que non a vou responder se chega o día no que de verdade a fagan, tomarei exemplo deles que nunca opinan cando hai que votar, e dicir manifestarse claramente, por un goberno ou outro. Dese xeito a pregunta do sexo dos ánxos viraría nun referendum non controlado... canta maldade hai en min!
Enviar um comentário