Este verán publicáronme un relato na Voz. Como hai alguén que aínda non o leu o poño aquí para quen lle interese.
Lei de vida
“ Que queres Xosefa? Estou a mirar o partido. Mira que es pesadiña, muller. Que si, que si, que cando remate o partido imos dar un paseo. E que queres que lle faga, eu tamén me aburro pero mirar o fútbol é a única maneira de ver algo de verde por aquí. Recordas a nosa leira? O ben que o pasábamos botando as nosas patacas, os nosos tomates...Que? Que eu estou mellor aquí? Si home, si. ¡Que carallo vou estar mellor! Si estivera alá agora estaría por fora, respirando un pouco, e non aquí pechado. ¡Que imos a estar vellos, Xosefiña! O que pasa é que aquí coa merda que botan os coches deteriorase antes o corpo. Xa sei, xa sei que o falamos e que quedamos de acordo en que había que botarlle unha man aos rapaces e que así estabamos máis cerca dos netiños...pero onde están os netos? e os fillos?
Os teus fillos sempre teñen que facer. Pola semana traballar e traballar e a fin de semana, que si imos cear cuns amigos, que o domingo imos á praia...ou ao monte...ou a merda.. que non muller, que non estou enfadado contigo, pero que queres, non entendo a estas parellas de agora. Lembras cando casamos nos? Na casa viviamos nos, teus pais, a túa aboa e despois foron chegando os nenos. ¡ Ata oito persoas naquela casiña! E que? Viviamos mal? Eran outros tempos, había un respecto e outras cousas.
Agora xa ves. Veña a dicir: Vinde a vivir para a cidade que aquí estaredes mellor e así nos estamos máis tranquilos...¡tranquilos si que están, por que non se moven para vir a facer unha visita! Que esa é outra. O de este pisito foi idea deles: “Non. É mellor que compredes un piso para vos que o noso é pequeno (cinco habitacións ten o carallo do piso) e ademais os nenos
igual non vos deixan durmir” Si, si, pero despois todas as fins de semana deixaban aos nenos con nos. Como eran “pequenos para viaxar”. Entón si que non se preocupaban si durmiamos ou non.
Non, meu amor, non chores. Xa sabes que eu o único que quero é estar contigo, ¡veña prepárate que imos pasear! Que si..que imos visitar aos fillos... ¡Claro que os quero!
¡Como non os vou querer! Si muller si, eles son así. É lei de vida.”
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Pois o vello do teu relato mesmo podería ser eu (e iso que so teño trinta tacos). De cativo, até os doce anos (máis ou menos) vivín cos meus avós e eramos nove naquela casa. Cando llo conto á xente parécelle ciencia ficción.
Galiza realmente mudou moitísimo en moi pouco tempo. Aseguro que, cando menos na que entón era a miña parroquia, non era para nada algo extraño.
¡¡¡Es cri tor!!! ¡¡¡ es cri tor!!!
É de lei que repita os meus parabéns aquí, estou totalmente de acordo con náufrago; es un Es cri tor!!!. Sabes dicir sen que pareza que dis.
Pois larvós eu teño coarenta e ata os sete vivín nunha casa que estabamos oito irmáns, meus pais, meus avós e unha tia, ou sexa trece persoas en catro ou cinco habitacións. E é verdade, non temos memoria.
A náufrago e a santa compaña, moitas grazas. Teño as orellas como bolboretas.
Enviar um comentário