28.9.06
De libros e perfumes
Si hai algo que sabe todo afeccionado á lectura é que os libros poden espertar emocións e facer sentir cousas marabillosas, ou non tan marabillosas. Nun suplemento dominical falaban de perfumes e de creadores de perfumes. Entre elas estaba Annick Goutal que creou o seu perfume Eau d´Hadrien inspirada pola lectura de Memorias de Hadrián de Marguerite Yourcenar. Imaxino a esa muller pechar o libro e os ollos despois de rematar a lectura, recostarse relaxada e satisfeita, inspirar profundamente e sentir as sensacións e as palabras percorre-lo seu corpo, e descubrir na súa memoria olfactiva as notas precisas para darlle forma.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Entendo perfectamente a fascinación de Annick Goutal por "Memorias de Hadrián", e malia que os perfumes evocan, ese recendo só será válido para ela. Os códigos que desencadean os sentimentos nisto do olfato son tan propios e intransferibles coma a propia pituitaria.
A min este libro tamén me emocionou, é un deses que teñen o don de facer que eu comenze a ser lida ao mesmo tempo que o abro. É un deses que cando o collo do andel provócame un formigo eléctrico na punta dos dedos. A sabedoría dos outros, o coñecemento dos outros, ser consciente liña tras liña de todo o que leo, é un tesouro para min. Maxia. Asombro de entender. Saber...
Acertaches de pleno. Fixéchesme coller o libro, e ata pensei en poñer algunha cita aquí, pero non, sería como o do perfume. Cada un ten que subliñar as citas propias e saber por qué.
Agora téñoo que volver a ler, e hai un libro que vai quedar a medias por un tempo. E está que arde. M.R., toda a culpa é de Máis Alá!!!
Moi boa a idea do post sobre libros e perfumes, se é subxectiva a apreciación do perfume non o é menos a apreciación dos libros.
Tanto perfumes coma libros nalgunhas ocasións son capaces de levarnos a experiencias que pertence ao mundo do inefable.
graciñas polo teu comentario.
Tantos anos despois, sego lendo e lendo libros, e sego toleando de pracer, e de envexa, diante de todo o que poden suxerir.
Enviar um comentário