31.8.06
Unha medalliña, por favor
Os galegos somos uns desagradecidos. Todos. Dende o Presidente da Xunta ata eu. Non pode ser que teñamos esquecido todo o que fixo polo noso País esa Ghrande de España que é a Duquesa de Alba. A ela rompéuselle a alma cando se desfixo das súas terras, o seu “feudo” como di o Conde de Salvaterra, ese que segundo o alcalde aínda non o invitaron porque esperan a ter un lugar “apropiado” para alguén do seu cache. As posesións da Duquesa en Galicia eran a súa “xoia da coroa”, as máis prezadas, pero ela preferiu que o pobo galego fixera uso delas. Eu reto a tódolos historiadores galegos a que dunha vez lle dean a esta muller o recoñecemento que se merece e mostren ao populacho o que fixo por Galicia, que se saiba (pero xa!) as grandes xestas coas que merecidamente gañou eses “terrenitos” e que fixeron que o seu fillo leve o nome de Salvaterra e de Galicia por todo o mundo. Ata que se faga xustiza non poderei descansar sin quitar da cabeza esa doce voz: “Sois unos desagradecidos”
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
O que é incrible é que, en pleno século XXI, existan duquesas nun país que ten unha Constitución que di que todos somos iguais.
É que os do populacho somos así, nacemos cun xen dominante que nos leva a ser desagradecidos ata con a mesmisima Duquesa ( reverencia reverencia), que de todos é sabido que padece moito do corazón e da alma, cousas da sangue azul. Ai! case me dan ganas de non saber todo o que fixo por nós, non sei se os meus cadrís aturarían tanta homenaxe coma se merece.
falar por non estar calado...
se tan a gusto está en Sevilla, que carallo ten que vir aquí...
apertas
Enviar um comentário