4.4.06




Onte saíu na Voz unha entrevista que lle fixeron a Agustín Fernández Paz. Quedei con dúas cousas. A primeira é a que sae de titular: “As historias boas son universais”, ou sexa que da igual que fales da túa aldea, da túa rúa ou da túa casa. Seguro que hai alguén no outro lado do mundo que compréndete perfectamente. A outra cousa é a resposta á última pregunta: “¡O carallo!”, así, rotundo. Eu estou totalmente de acordo con el; os rapaces de agora non son nin peor, nin mellor que os de antes. Eso si, están máis preparados e o problema que teñen é que teñen moito onde escoller. A maioría dos pais queixámonos de que os nosos fillos queren os xoguetes máis caros, as roupas (de marca) máis caras, etc...pero os culpables somos nos porque a maioría das veces acabamos dándolles o que piden por que non queremos que os nosos fillos sexan “diferentes”. Así que si os nosos fillos non len pode que sexa porque nunca nos viron cun libro nas mans.

4 comentários:

Anónimo disse...

Non o dubides. A única campaña de animación á lectura que funciona é a que se fai na casa.

Anónimo disse...

Pois si, pero hai idades nas que a cousa funciona á inversa, que de tanto verte cun libro nas mans rematen ollandoo como te ollan a ti, coma a un extraterrestre invasor.

torredebabel disse...

tes toda a razón do mundo. Falando das historias universais pero tamén dos fillos e os medos dos pais de que sexan "diferentes". Coma na casa somos dous xornalistas (o meu home e mais eu) cando sentámonos a ler os xornais, o meu fillo que ten 18 meses séntase no chan e fai que le algun suplemento que lle damos. É moi lindo, pero tamén e coma dixo náufrago, é o mellor modo de animar a lectura: lendo...

máis alá disse...

Eu teño dous exemplos na casa: unha é unha lectora-devoradora, o que pasa que é o que dí santa compaña, di que o que eu lle digo que lea é moi aburrido. O outro é un caso perdido, só le os deportes no periodico e as revistas de Play.
En canto ao dos xornais que dí torredebabel: sabedes algún que pasou co golfiño da Voz dos domingos? Os meus fillos pelexaban
por el. Asi non hai maneira de que se acostumen a ler en galego.