7.4.06

Galego o último

Miña nai era valenciana. Naceu en Valencia e viviu alí ata os catorce anos que viñeron para Vigo. Sempre contaba historias de cando era nena. Unha delas era que cando estaban a xogar as outras rapazas dicían: “Galego o último”. Miña nai enfadábase coas amigas, porque a súa nai era galega. Eran outros tempos. Tempos difíciles, nos que unha parte de España era inimiga da outra parte. Hoxe en día o de gallego” non é un piropo en moitos lugares. Non pasa nada, podo entendelo. En Balaidos, por exemplo, cando o porteiro contrario vai sacar de portería ouvean e cando chuta din: “hijoputa, maricón, español”. É unha pequena parte do público e ninguén lle da moita importancia.
O que si paréceme moi grave é que unha institución que “limpia, fija y da esplendor” siga aceptando termos ofensivos para “gallego”, e moito máis grave é que estou seguro que non os poría de ser “español” a palabra.
Por certo, buscade francés no diccionario da RAE...non, a definición que pensades non aparece.

4 comentários:

Anónimo disse...

Se buscas catalán, e vasco, e español, saeche o mesmo que se buscas francés. Comprobado.
Eu "gallego" xa non o busco, xa sei o que é.
Que un dicionario normalice significados que firen non é bo para crear unha conciencia de respecto. Da perversión de idiomas saben moito as mulleres. As "gallegas, e as outras. A cousa non é só cuestión de nacionalidades.

acedre disse...

Tamen hai que pensar que neses lugares gallegos son todolos que venhen de espanha...asi que toca a repartir parvos e tatexos.

Anónimo disse...

E pior ainda, "Lengua de los gallegos" aparece no sétimo lugar, despois de "tonto" e "tartamudo"
No diccinario portugués non estamos mellor:
GALEGO:
1.indivíduo da Galiza;
2.dialecto da Galiza; (dialecto??)
3.da Galiza;
4.fig., ordinário; fraco; de pequeno valor;
5. em Lisboa, moço de fretes;
moço de esquina.

Anónimo disse...

Tamén se empregan en algúns eidos catalán como sinónimo de tacaño, vasco como sinónimo de bruto, andaluz como sinónimo de vago, e en inglaterra, español pode ser asimilado perfectamente a covarde. Pero ningunha desas acepcións aparecen no diccionario. Non vaia ser que molesten a xente poderosa.
A nosa maior debilidade é que proxectamos ao mundo unha imaxe de debilidade. E xa se sabe: o mundo funciona, con frecuencia, pola lóxica da covardía mesquiña: para o feble desprezo, para o forte respecto.
Dariamos unha imaxe mellor de nós, simplemente con respectarmos máis todo o noso. Pero agora vai ti e contallo a este condenado país adicto ao autoodio.
En fin. O de sempre.