9.12.05

Onde estaba cando mataron a Lennon?

Onte na Voz fixeron unha reportaxe na que lle facían esta pregunta a varias personalidades. Non recordo por onde andaba eu cando mataron a Lennon , seguramente a estudiar. Tampouco é que me afectara moito e das opinións da reportaxe quedo coa de Julián Hernández. A morte que levou fixo que nacera un mito que de seguir vivo quizais non chegara a tanto.

5 comentários:

Anónimo disse...

Eu si que me lembro. Foi un día no que o silencio fixerase espeso de máis, e as miradas que se cruzaban nas aulas cheas de adolescentes e mestres preto dos cuarenta, tiñan ese aire de compartir o estupor máis fondo, e a orfandade de saber que os sentimentos que Lennon dicia por nos nunca voltarían a ser cantados cos latexos da sua voz. Eu miraba dende a derradeira fila como o meu mestre de frances choraba mentres tentaba acompañar cunha guitarra algo que quería semellarse a Imagine...

torredebabel disse...

eu non lembro cando morreu pero Jhon Lennon foi o medo mais grande que tiven de nena e a música mais compañeira que tiven de moza. Apertas!

Anónimo disse...

Tiña 9 anos cando morreu Lennon e cinco despois estaba namorado da súa música. Hoxe o miro como un neurótico marabilloso, capaz de anticipar o papel dos medios que o devoraron, a evolución da música e, sobre todo, o seu papel no mundo.
Penso que el está no seu sitio xusto, como o mito que soñou ser, coa sua xenialidade e a súa neurose. Tan fráxil ante as críticas como calquera de nós.
Canto máis sei sobre el máis me gusta. O último, as verbas coñecidas por medio da galega que atendía a súa casa cando a miraba comer empanada: "con esa comida tes calorías para dixerir todo o mes". A min me pasa o mesmo.

máis alá disse...

O que non me gusta de Lennon é esa parte de mítica que se lle deu despois de morrer, como a tantos outros. Penso que o libro de Rosaura (chamábase así a súa asistenta galega, non?) pode ser interesante xa que ela viviu o seu día a día, pero despois saen publicacións de xente que nin coñecía a súa musica e despois unha canción que fixo no parvulario e camisetas con frases que nunca dixo. E chega un día e Lennon é unha marca comercial.

Anónimo disse...

Tes razón, esa é a parte peor de calquera mito, como de Warhol ou Marilin. Pero no caso de Lennon el mesmo buscouno, sen ser capaz de separar a sua parte de estrela da de mito.

O que me gusta de el é precisamente que nunca fixo esforzo para separar ambos aspectos, por que nunca lle importou. Esa capacidade de ser sempre un e non dous (estrela e "vida privada") converteuno en vulnerable e "auténtico" (non se me ocorre agora outro termo mais axeitado, sintoo).