14.1.06

A CASA

Lembro a casa que me veu nacer.
A casa do río de prata e laranxeiras,
ceo turquesa, risas de fame,
a casa que espantaba a miña pena.

Lembro a casa que me veu crecer.
Coas paredes gastadas por caricias,
sacrificando seu lecer.
Cómplice de tódalas ledicias.

A miña casa que é silencio,
altar das miñas lembranzas,
papel mollado en bagoas de rabia,
de medo e desesperanza.

A miña casa, que é pasado,
vive no meu pensamento,
no meu corazón, orfo dos seus ollos
onde non entra o esquecemento.

8 comentários:

Anónimo disse...

Lembro a casa que me veu nacer,
a miña casa que é silencio...
Lembranzas, moi lindo o poema.
Gracias.
Unha aperta.
:)

Anónimo disse...

¿Seremos quén de acadar que as nosas casas de hoxe deixen tantas lembranzas nos nosos fillos?.

acedre disse...

E teu o poema ?. E ben xeitoso.

máis alá disse...

Moitas grazas

Anónimo disse...

Alén do lexítimo sentimento, o poema é moi malo, malísimo.

máis alá disse...

Moitas grazas Sr anónimo. Oxalá a crítica fose máis concreta para poder corrixir os erros. De tódolos xeitos tampouco pretendo que lle guste a todo o mundo, simplemente é algo que quero compartir coa xente que pasa por aquí.

Anónimo disse...

Pois graciñas por compartir algo tan dulce e tan fermoso...
Bicos.

máis alá disse...

Moitas grazas a ti, Muralla.