30.9.05

Tarefas escolares

Xa comezou a escola e o meu fillo pregúntame o significado dunha fermosa frase de Albert Einstein: “Non hai cousas sen interese, tan só persoas incapaces de se interesar.O que non posúe o don de se marabillar ou entusiasmar, ben podería estar morto, porque os seu ollos están pechados”
Que lle podo dicir? Que esta é (ou debería ser) unha das frases imprescindibles da humanidade?
Que lle digo? Axudádeme.

3 comentários:

acedre disse...

Non conhecia esa frase pero e dunha verdade luminosa.
Calquera tema, calquera persoa, calquera obxeto; ten unha importancia grandisima e so hai que abrir os ollos para conhecelos.
Eu, nas minhas posibilidades, trato de exprimir os meus ollos e a minha chencha para explicar e aprender de todo.
Nada, que hai que estar ao que se esta; como diria calquera vello sabio da terra.

Anónimo disse...

Poderías dicirlle aqueloutra frase de Platón, de que "a sabedoría é a filla da curiosidade".

Anónimo disse...

Dille que non ter interese polas cousas é o mesmo que estar baixo terra: todo está encima de ti e nada dentro de ti.