28.9.05

Os soños

Falaba o outro día dun rapaz que alcanzou un sono que levaba perseguindo toda a súa vida. A verdade é que ten moita sorte, non só por conseguilo, tamén por telo tan claro dende moi pequeno.
A maioría de nos anda pola infancia e a adolescencia a mirar para ás nubes e de súpeto nos preguntan: E ti que vas facer?.. Facer? Eu? De que?...Pois da túa vida.
E aí estas, estudiando unha carreira ou traballando sen saber ben o que fas.
Alguén dixo que a outros nos dan os coarenta cando vemos o camiño a seguir. E é verdade, os soños non coñecen idades e un día, por casualidade, atopas o que buscabas, o que te fai feliz. Pero, quen é capaz de loitar? Quen lle da unha volta a súa vida e comeza de novo?
Hai unha película, “A morte os senta tan ben”, que fala da rivalidade entre dúas mulleres (a película non é ningunha marabilla), e hai un home que esta entre as dúas. O home é un cirurxián famoso que dáse á bebida e elas o tratan a patadas. A peli trata da vida eterna que elas conseguen e o final o home fuxe delas e comeza unha nova vida nun pobo pequeno, faise un gran montañeiro, ten unha gran familia...
Sempre me gustou a idea de que temos a oportunidade de alcanzar os nosos soños. Tan só temos que levantar un pe e comezar a andar.

2 comentários:

Anónimo disse...

Dame moita rabia non ser tan xenerosa coma Lialogo con respeto os meus soños, pero cada un é como é. A miña experiencia de vida descubreume que se realmente desexas algo, cúmplese, tardará máis ou menos, non será exactamente o que soñaches, pero o esencial sempre ocorre.

máis alá disse...

Se é verdade o que di Derrota eu vou ter unha vida moi movidiña a partires de agora, porque o que son soños teño un montón. Gústame o que di Lía, reconforta saber que si un non cumpre os seus soños quedan á espera de que alguén os faga seus.