22.3.07

Día Mundial da Poesía



Onte foi o Día Mundial da Poesía, unha boa razón para abrir de novo as portas deste blog. Onte lein poesía, como outros días, porque pensei que era unha boa maneira de celebrar ese Día.
De feito este blog existe porque EU SON POETA. Non digo que sexa un bo ou un mal poeta, nin sequera afirmaría con rotundidade que escribo poesía pero EU SON POETA. Non entendo de métrica, de rimas, de metáforas..., pero EU SON POETA.
Porque EU SON POETA decidín acudir a un obradoiro de poesía, para ver si era quen de escribir algunha poesía. Pero aínda que non puidese escribir un só verso non me importaría porque EU SON POETA. E por iso teño este blog: porque podo chegar e berrar EU SON POETA. E punto, e xa está.

1 comentário:

Anónimo disse...

Que gusto da escoitarte de novo!, e así, dicindo unha cousa que non ten volta. Un Poeta só pode ser Poeta se di que é Poeta polo que ti dis. POETA.