17.1.07

Non hai escusa

Home fulano que tal as vacacións?
— Moi ben, moi ben. Estiven polo sudeste asiático.
— E que tal, ho?
— Unha marabilla. Todo o día a deitarme con rapaciñas de doce e trece anos.
— Que me dis?
— Pois si. Tamén había un neno de dez anos pero con ese nada, xa sabes que eu son moi home.
— Alégrome de que o pasaras ben. E as túas fillas que tal?
— Agora vou a buscalas á escola.
— Veña ata logo.
— Ata mañá
Como sigamos así esta conversación pode ser real algún día. Esperemos que non.

5 comentários:

Anónimo disse...

Por desgracia hai "xente" que xa ten ese tipo de conversacións... moita máis da que nos gustaría pensar. E algo tan triste e tan brutal, e tal real, que precisa,xa, dunhas medidas contundentes contra os clientes que van an procura desdes corpos esguizaros, maltratados e violados cen mil veces. Por eles hai que comezar.

Anónimo disse...

O lamentable é que esa conversación seguramente xa é real hoxe en día. E os paises implicados no fan moito por arranxar esa situación.

TXARI disse...

están moi ben acolhidos/disimulados pola sociedade, agora que como alghen tire a primeira pedra...

máis alá disse...

santa compaña e o raposo, vexo que sodes máis pesimistas do que o son eu. txari, somos nos os que temos que tirar a pedra, contra calqueira broma respeto a estas cousas ou contra a máis pequena insinuación.

Anónimo disse...

Humildemente pienso que el pesimismo está en otro lugar. La realidad es que multitud de señores (sobre todo de esos mezquinos que creen - algunos llaman razonamiento a encontrar motivos para creer lo que creen, sea lo que sea, que triste, que triste - que con el "poder" que dá el tener dinero todo se puede comprar)realizan viajecitos "sexuales" de este aberrante tipo a países asiáticos donde encontrar este tipo de atrocidades es facil. Luego son ciudadanos ejemplares por aquí. No soporto las dobleces. Ni de vidas ni de morales. Y no soporto a este tipo de delincuentes que tendrían que estar encerrados para siempre. (Perdón polo castelán, a pesar de ser galego non domino perfectamente a súa escritura)...

1 saudiño...