10.2.06

Unha cousa normal

Un home maior caeu diante da tenda na que traballa a miña muller. Tivo a mala sorte de ir cargado de bolsas e non puido botar as mans. Deu coas narices no chan. A miña muller acudiu na súa axuda, fíxolle unha pequena cura e mesmo ofreceuse a que eu o levara á súa casa.
Ata aquí todo é moi normal..., ou non?
Hoxe apareceu a esposa do accidentado pola tenda. Deulle as gracias varias veces, regaloulle unha planta e bicouna. Ou sexa, que a muller estaba agradecida de verdade.
E aí vai a miña pregunta: é normal o que fixo a miña muller, ou é algo tan estraño que mereza tanto agradecemento?

9 comentários:

acedre disse...

A tua muller fixo mui ben e aparte e o natural e o mais normal do mundo. Tamen a outra muller fixo o que teria que facer unha persoa normal e educada: agradecer de corazon a axuda prestada.
Tiveches sorte de topar con duas persoas "normais" xuntas no mesmo dia. Desgraciadamente cada vez e mais dificil topar xente normal.

Anónimo disse...

A agresividade tennos collido tanto que perdemos a capacidade de saber que é o "normal". ¿Pitar cando nos fan unha falcatruada no coche?, ¿cabrearse co funcionario que vai tomar café?, ¿dar por feito que os demáis deben de nos axudar? Eu xa non sei que é o normal, o que podemos esperar dos demais.

Anónimo disse...

Dende o momento no que temos que facernos esa pregunta é que todos sabemos cal é a resposta. Menos mal que aínda quedan persoas como a tua muller para ter a esperanza de que algún día a máxima de que a excepción confirma a regra tome corpo.
Un saudo, e un gusto lerte, por aquí.

máis alá disse...

Polos comentarios que facedes xa teño a resposta: hoxe en día non é normal que alguén se pare a dar axuda se tes un accidente ( o máis horrible é a historia que conta musgallo), asi que recomendo (non é meu, é vello) que cando teñades un accidente ou os atraquen non gritedes auxilio, gritade fogo.

SurOeste disse...

Saul Bellow ten un relato moi fermoso sobre un xudeu que é rescatado dunha morte segura gracias a unha organización auspiciada por un magnate e non lle é permitido darlle as gracias. O pobre home vivirá o resto da súa vida intentando, sen conseguilo, mostrar o seu agradecemento ó benefactor, cada vez máis obsesionado. O conto chámase "Contacto Bella Rosa".

torredebabel disse...

o normal non sempre é o que debería pasar. E, moitas veces, o normal é non ollar para ninguén. Mágoa...

Anónimo disse...

Bueno, pois eu vin, fai tres ou catro días, o que segue: entrando na Coruña tras saír da autoestrada, e con moito tráfico, un coche quedou parado no medio da avenida... pois ben, pararon outros 3 coches, e despois de ver que éste non botaba a andar, un dos que parou levou as dúas mulleres do coche accidentado á estación do tren, e outro ao conductor ata un garaxe pra ver se podían arranxar o coche... Quero dicir con esto que as cousas non son tan negativas sempre, home...

Marinha de Allegue disse...

Debería ser normal, pero desgraciadadmente non é tan frecuente. Tanse perdendo valores...
Unha aperta.
:)

Nemeth disse...

é do máis normal, pero por desgraza cada vez menos usual.

xa teño en que pensar hoxe! grazas
apertas