30.1.06
O disco duro
A semana pasada estiven desconectado. O meu ordenador dixo basta e parou. Por fortuna tan só tiven que cambiar a placa base e puiden recuperar os arquivos, aínda que o sistema operativo quedou algo danado e terei que “formatear” e comezar de novo. Deume por pensar como sería si puidésemos limpar a nosa memoria; sacar as cousas pouco importantes que ocupan espacio, liberarnos desas xenreiras que tanto dano fan. Persoalmente penso que si para facer iso teño que desprenderme dalgunha das miñas lembranzas, por moi pequena e insignificante que sexa, non o faría.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Eu tampouco, as xenreiras hai que mastigalas para saber de onde veñen e chegar a coñecerse un mesmo un pouco máis, e máis.Un é o producto das suas vivencias, as malas, as boas, e o xeito que ten de afrontarse a elas.
Eu, o que fago é seleccionar o material. O imprescindible,o que forma parte de min e co que non son nada sen él, teñoo no disco duro, o material que chega de fora de min dividoo en dous, o que me interesa incorporoo o disco duro, o que me pode facer falta nalgunha ocasión metoo nun disquete que podo traer a memoria cando quero e o resto desbotoo.
Nin eu. Eu querome enteirinho cos meus recordos e as minha xenreiras.
Enviar um comentário