24.1.06

A balea

Unha balea morreu no centro de Londres despois dun percorrido polo Tamesis. Parece ser que lle queren facer unha estatua, e a causa da morte ten preocupado a todo o mundo, mesmo vai chegar ao parlamento ingles. Unha balea con sorte. Morren baleas a diario en moitas praias do mundo. Nas rúas de Londres morren persoas (como en tódalas ruas do mundo) e ninguén pregúntase o porqué. Unha balea con sorte.

2 comentários:

folerpa disse...

Pensei en facer este memso post pero como ando en xaxún, agardei a que alguén o fixese por min.

Anónimo disse...

E dentro duns meses veremos unha estatua en calquera recuncho da beira do Tamesis, para consolar conciencias,(como todas as que nos fitan dende cada recuncho de todas as cidades do mundo).