22.11.05

Recordos

Debe ser que me estou a achegar a unha idade máxica que os recordos da miña primeira infancia visítanme de forma asidua.
Esa época da miña vida está marcada polos trens xa que eu vivía na Rúa Canadelo Baixo, moi preto da estación. Recordo, por exemplo, a vía vella ou vía morta que discorría por onde hoxe pasa a autopista. Tamén o campo da Barxa, onde estaba a fabrica de cervexas Skol e onde hoxe están as Torres Xemelgas de Vigo.
Pero sobre todo recordo unha foca de mármore, que había nunha peixería (ou carnicería) da Rúa García Barbón, pola que eu me deslizaba como se fose un tobogán . Por favor, hai alguén que recorde esa foca?

4 comentários:

Pablo González disse...

Sí que me acordo daquela foca. ¿Non estaba/estivo na Alameda? Eu tamén vivín hai anos en fronte a Santiago de Vigo (zona máis fina) e hoxe traballo en Canadelo Alto (tras a clínica Fátima)

Pablo González disse...

Sí que me acordo daquela foca. ¿Non estaba/estivo na Alameda? Eu tamén vivín hai anos en fronte a Santiago de Vigo (zona máis fina) e hoxe traballo en Canadelo Alto (tras a clínica Fátima)

folerpa disse...

Non lembro a foca pero si as veces que entrei na fábrica de Skol a mangar cervexas quelogo bebiamos debaixo da autoestrada.

Anónimo disse...

A foca estaba nunha tenda que a factoría de Conxelados Casa mar tiña en Policarpo Sanz; coido que era xusto onde está agora o Pórtico básico, facendo esquina con Velázquez Moreno.