17.11.05

Barrio

Eu crecín nun barrio perigoso. Ou eso pensaba moita xente. O certo que para min foi un bo barrio e unha boa infancia. So tiñas que “baixar á rúa” para atopar un puñado de amigos cos que xogar.Logo crecemos e a droga podreceu as rúas e o sangue de moitos rapaces.
Hoxe non vivo nun barrio como aquel. As veces teño magoa de que os meus fillos non saiban o que é ter unha rúa chea de nenos para xogar.
Non todo cambiou. A droga segue ai. Non é tan escandalosa como a dos ´80 pero agora a podes atopar moito máis fácil e a idades máis novas.

3 comentários:

acedre disse...

Eu ia vivir en Coia de pequeno pero meu pai non quixo que dicia que estaba cheo de citroneiros.
Fomos vivir a outra barriada obreira en Torneiros, O Porrinho que sufriu o ataque da droga coma Coia e tantos sitios e ainda sobrevoa a zona.
Magoa de tantas vidas perdidas. Vidas con nome e cara conhecidos.

máis alá disse...

Coia sempre me gustou como barrio pero é verdade que a droga tiña moitos rostros coñecidos.
Que é citroneiros?

acedre disse...

Ui, comin un "e" sen querer. Queria dicir "citroeneiros", traballadores da Citroen. Meu pai fuxiu de Coia pero en Torneiros habia muitos.
Eu non me arrepinto de nada por rematar en Torneiros.